نبذة مختصرة : [Resumo] O rexistro dos coidados de enfermaría constitúe a principal fonte de información sobre a asistencia sanitaria que prestámo-las enfermeiras. Uns rexistros de calidade deben basearse na aplicación do método científico da disciplina enfermeira e faise precisa unha homoxeneización da linguaxe e da metodoloxía para rexistra-los coidados enfermeiros, así como para facilita-la toma de decisións e a comunicación entre profesionais. O traballo que propoñemos céntrase na identificación dos diagnósticos de enfermaría rexistrados polos enfermeiros nunha unidade de coidados paliativos onde se traballa co soporte informático Gacela (xestión de coidados de enfermaría liña aberta) e se segue o modelo de valoración de necesidades establecido por Virginia Henderson. Trátase dun estudo observacional de prevalencia e descritivo en que se van revisa-los rexistros dos doentes paliativos oncolóxicos e non oncolóxicos. ; [Abstract] Nursing notes is the main source of information on the health care provided by nurses. Quality records should be based on the application of the scientific method of the nursing discipline. Unification of language and methods for recording nursing care are needed in order to facilitate decision-making and communication among professionals. This work is focused on identifying nursing diagnoses registered by nurses who are actually working in a palliative care unit, using the GACELA software platform (Open line for Nursing Care Management according to its Spanish acronym), and the Needs Rating Model developed by Virginia Henderson as well. This is a descriptive prevalence observational study aimed to check the registers of the palliative cancer and non-cancer patients. ; Traballo fin de grao (UDC.FEP). Enfermaría
No Comments.