Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading  Processing Request

Do amateur ao militante: implicacións políticas e estéticas do cinema en formato non profesional na Galiza dos anos 70

Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading   Processing Request
  • معلومة اضافية
    • Thesis Advisors:
      Ledo Andión, Margarita (dir.); Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
    • نبذة مختصرة :
      O cinema, cómplice e testemuña dos procesos históricos, adoita dar pasos de xigante en tempos de fractura. Na Galiza do tardofranquismo, nun clima de fonda axitación política e cultural, agroman novas expresións fílmicas que, botando man de formatos de gravación non profesional, acuñan por vez primeira o termo “cinema galego”. O presente traballo de investigación procura, por primeiro, achegar unha clasificación tipolóxica das distintas iniciativas de filmación que, na década dos setenta, circulan a través dunha rede de distribución alternativa, composta por cineclubs, teleclubs, asociacións de veciños, parroquias, colexios ou locais sindicais. Desde o filme doméstico, destinado á perpetuación da imaxe da institución familiar, até a expresión militante, que procura un espectador activo e partícipe dos procesos históricos, pasando pola esfera estritamente amateur, que se move arredor de festivais e clubs de cinema afeccionado, procedemos á identificación e análise das principais iniciativas que compoñen a escena cinematográfica do momento. Logo do necesario labor taxonómico, a pesquisa centra o seu foco en tres colectivos de filmación que, ao longo da década, buscan asentar as bases para a creación dunha cinematografía propia para Galiza. A aproximación ao caudal creativo dos grupos Lupa, Imaxe e Enroba permítenos desenvolver un exhaustivo estudo de cadansúas filmografías, ao tempo que detectamos coincidencias e especificidades. A análise comparada dos tres colectivos en termos de estrutura organizativa, escollas formais ou posicionamentos fronte a unha posible profesionalización do sector, lévanos a unha síntese das distintas correntes de pensamento que se sitúan na cerna do cinema galego contemporáneo.
    • Rights:
      Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
    • الرقم المعرف:
      edstdx.10803.352201