Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading  Processing Request

AppDIXITOU: xogo educativo para móbil co que se conciencia a xente adolescente no bo uso das redes sociais

Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading   Processing Request
  • معلومة اضافية
    • Contributors:
      Universidade de Vigo, Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus Auga; De Blas Varela, Maria Esther
    • بيانات النشر:
      Informática
      Ourense
      Laboratorio de Informática Aplicada
      Grupo de Informática Gráfica y Multimedia (Gig)
    • الموضوع:
      2021
    • Collection:
      University of Vigo: Investigo (Repositorio Institucional de la Universidade de Vigo)
    • نبذة مختصرة :
      Hoxe en día, a maioría da xente adolescente posúe un móbil e boa parte dela usa as redes sociais para socializar. Pero, ata que punto saben como usalas correctamente? Este traballo describe a necesidade e o desenvolvemento dunha ferramenta informática educativa para o móbil (AppDIXITOU), na que se aplica a gamificación coa pretensión de concienciar e de educar nun uso máis racional e saudable das redes sociais o estudantado de educación secundaria obrigatoria da provincia de Ourense. Unha das recomendacións que realizan diversos estudos para reducir os perigos, que afrontan os e as menores cando empregan as redes sociais, consiste en realizar campañas formativas destinadas a eles e elas onde, ademais de informalos deses riscos,se intente modificar o seu comportamento ante o uso destas. AppDIXITOU pretende formar parte desa «misión». Este soporte lóxico (software) desenvolveuse para que se use nun móbil, dispositivo tan cotián hoxe en día entre a xente adolescente. Despois dun estudo sobre o sistema operativo para móbil máis empregado entre os móbiles que dispoñen a maioría da mocidade, decidiuse que a aplicación funcione sobre Android. A gamificación é o uso do pensamento e a mecánica de xogabilidade en contextos alleos aos xogos, co fin de que as persoas adopten certo comportamento. Se se aplica ao ámbito educativo, a finalidade desta técnica de aprendizaxe é aumentar a motivación e favorecer o coñecemento. O obxectivo de aplicar esta metodoloxía no software desenvolvido foi dobre: por unha banda, mellorar o coñecemento que ten a poboación adolescente dos riscos que supón un uso incorrecto das redes sociais e, por outra, non menos importante, provocar cambios no comportamento destes ante situacións perigosas orixinadas polo uso das citadas redes.
    • ISBN:
      978-84-8158-916-0
      84-8158-916-0
    • Relation:
      En De Blas Varela, Maria Esther (Ed.) Proxectos INOU 2020. Investigación aplicada na provincia de Ourense (83-103); http://hdl.handle.net/11093/4850; https://campusauga.uvigo.es/wp-content/uploads/2022/06/INOU20-opt.pdf
    • الدخول الالكتروني :
      http://hdl.handle.net/11093/4850
      https://campusauga.uvigo.es/wp-content/uploads/2022/06/INOU20-opt.pdf
    • Rights:
      © Universidade de Vigo ; openAccess
    • الرقم المعرف:
      edsbas.A057CF4C