نبذة مختصرة : [Resumo] O fenómeno do emprendedorismo transformou o mundo en todos os sectores, e especialmente nos ambientes proxectados para acomodar as empresas que buscan a modernización e a transformación de ideas en produtos, procesos ou servizos, como é o caso das incubadoras. Este artigo ten como obxectivo identificar o currículo oculto en empresas de base tecnolóxica incubadas. Trátase dunha pescuda exploratorio-cualitativa, pois non hai coñecemento estruturado sobre o currículo oculto en incubadoras de empresas. As metodoloxías utilizadas foron a entrevista semiestruturada e as observacións. A pescuda realizouse no Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico da Universidade de Brasilia (Brasil), en empresas incubadas, buscando integrar os factores internos e externos, as actitudes, os valores, os comportamentos e as orientacións sobre a aprendizaxe dentro dunha incubadora de empresas. Así, propoñemos un modelo de identificación de currículo oculto (MIC) na incubadora para comprobar a relación entre o suxeito e o ambiente. Tal modelo mostra os factores internos e externos indutores do currículo oculto na aprendizaxe. A pescuda permitirá contribuír a que os xestores de incubadoras melloren aínda máis a formación dos emprendedores desde a perspectiva do currículo oculto, co fin de maximizar o coñecemento innovador. Esta pescuda sobre o currículo oculto nunha incubadora de empresas de tecnoloxía, inédita no medio académico, ten como obxectivo propor un modelo para a identificación do currículo oculto. ; [Abstract] The phenomenon of entrepreneurship has transformed the world in all sectors, especially in environments designed to accommodate companies seeking modernization and transformation of ideas into products, processes and / or services, as in the case of the incubators. The article aims to identify the hidden curriculum in technology-based companies incubated. This is an exploratory research - qualitative, because there is no structured knowledge about the hidden curriculum in business incubators. The method was ...
No Comments.