نبذة مختصرة : Traballo Fin de Grao en Enfermaría. Curso 2021-2022 ; Introdución: A violencia contra a muller nace como resultado da existencia dunha sociedade patriarcal. No caso de que sexa nunha parella de adolescentes, recolle o nome de “violencia no noivado”. Constitúe un problema global ca privación de dereitos nas mulleres e consecuencias nas vítimas. O obxectivo do traballo é coñecer a percepción dos adolescentes desta violencia. Metodoloxía: Realizouse un estudo transversal entre o alumnado de catro centros galegos que estiveran cursando entre 3º da ESO e 2º de Bacharelato. A obtención de datos fíxose por medio dun cuestionario ad hoc anónimo e os resultados obtivéronse tras unha análise descritiva da mostra. Resultados: O tamaño da mostra foi de 414 alumnos que responderon o cuestionario. Existe unha baixa percepción de risco asociada ás tecnoloxías. O 70% de estudantes ve normal nalgunha ocasión controlar o que fai a parella. Ao redor do 15% dos enquisados considera normal a violencia verbal en determinadas situacións. A prevalencia recoñecida polos adolescentes é superior en ítems asociados ao control, violencia psicolóxica e verbal. A cifra de mulleres que coñecen casos é maior ca nos homes, e o mesmo acontece cos estudantes de niveis educativos superiores fronte cursos da ESO. A percepción segundo o xénero difire principalmente nos ítems asociados ao control, violencia psicolóxica e verbal, onde se observa que os homes son menos conscientes de comportamentos inadecuados na parella. Percibiuse menor percepción da violencia entre estudantes da ESO fronte os que cursan Bacharelato. Conclusións: Os roles de xénero continúan presentes na nosa sociedade e a violencia sigue pasando desapercibida en determinadas situacións. Ademais, o uso de tecnoloxías provoca que se perpetúen comportamentos de control. Polo tanto, é necesaria unha actuación a nivel educativo con perspectivas de xénero. ; Introducción: La violencia contra la mujer nace como resultado de la existencia de una sociedad patriarcal. En el caso de que sea en ...
No Comments.