نبذة مختصرة : Neste volume cuxo título homenaxea o coñecido texto voltairiano, o profesor Josep Ballester ofrécenos unha colección heteroxénea de textos á volta do libro e da actividade lectora (habería que apelidar esta lectura de "literaria"), que a miúdo adopta a forma dun eloxio da lectura, parafraseando agora a Érasmo. Ao mesmo tempo, esta heteroxeneidade articúlase coa presenza sostida dunha serie de tópicos que atravesan toda a obra (lectura como evasión, a soidade do lector, a relevancia da lectura na infancia). A colectánea, organizada en cinco capítulos que abordan diferentes dimensións do fenómeno, vai precedida dunha introdución do autor que aborda a lectura desde múltiplas perspectivas e péchase cunha extensa selección bibliográfica sobre o asunto. ; info:eu-repo/semantics/publishedVersion
No Comments.