Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading  Processing Request

Enxeñaría do Tráfico

Item request has been placed! ×
Item request cannot be made. ×
loading   Processing Request
  • معلومة اضافية
    • Contributors:
      Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal; Universidade de Santiago de Compostela. Escola Politécnica Superior
    • بيانات النشر:
      Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2011.
    • الموضوع:
      2011
    • نبذة مختصرة :
      Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras Lineais Con esta unidade didáctica iníciase o primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas. Nela preséntanse conceptos básicos da enxeñaría do tráfico que se empregarán en temas posteriores. Analízanse as variables fundamentais que serven para caracteriza-lo tráfico por estradas, explícanse os métodos empregados nos estudos de tráfico para obter estas variables, e preséntase o método máis estendido de caracterización da circulación continua en treitos básicos de autoestradas ou autovías, e en estradas convencionais. No segundo tema (UD2), estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, un por un, os diversos aspectos do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado, e sección transversal. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse os aspectos máis importantes relacionados coas obras de explanacións (UD3) e, en segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4). O módulo péchase cun tema no que se aborda a problemática do deseño, construción e conservación dos firmes (UD5), que constitúen a superestrutura dunha estrada. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente, mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. O alumnado ten a posibilidade de amplia-los coñecementos adquiridos nesta unidade didáctica cursando a materia optativa “Enxeñaría do Tráfico” que se imparte no 1º semestre do 4º curso da titulación. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción, explotación ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
    • Rights:
      OPEN
    • الرقم المعرف:
      edsair.dedup.wf.001..84cb2ec7aa32a1d2f1b1c2764ae6b699